Monday 13 de May de 2024

O Concello de Lousame inicia unha campaña de recollida de alimentos polo Nadal


 

As persoas que desexen colaborar poden entregar alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados na casa consistorial ata o próximo 20 de decembro

O Concello de Lousame pon en marcha unha recollida solidaria de alimentos para as familias necesitadas do municipio. As persoas e entidades interesadas en colaborar nesta campaña municipal poden entregar as súas doazóns na casa consistorial de Lousame ata o próximo venres 20 de decembro. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as familias máis necesitadas do municipio.

A campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas… sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos de Nadal.